En portadaÚltima hora

As entradas para a XIV Festa da Vitela do Bolo estarán á venda a partir de mañá

O xantar será o sábado 30 de marzo ás 14 horas no pavillón municipal

Asistentes á anterior edición da festa./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A XIV edición da Festa da Vitela terá lugar o sábado día 30 de marzo, ás 14 horas no pavillón polideportivo do Bolo, cunha feira de produtos tradicionais como novidade.

Contará nesta ocasión con 500 entradas para degustar un menú composto a base de sopa, vitela (carne de tenreira) e chourizo, ademais de roscón, bica e café, que estarán á venda a partir de mañá, martes 12 de marzo nos seguinte establecementos: Volobriga (O Bolo), Restaurante A Lareira e Cuatro Camiños (A Rúa), Restaurante Fernando III e Bar MakoKi (O Barco), Bar Laila (A Veiga) e Bar Emigrante (Viana do Bolo).

Este ano para o fin de festa haberá unha discoteca móbil que se instalará no recinto exterior do pavillón baixo unha carpa na que ademais da música despois do xantar estarán os postos da feira de produtos tradicionais.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button