EconomíaEconomíaÚltima hora

As entradas para a XV Ruta dos Fornos de Celavente poranse á venda o 23 de abril

A cita nesta localidade do concello do Bolo será o sábado 3 de maio a partir das 13 horas

Anterior edición da Ruta dos Fornos de Celavente./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A gastronomía, a natureza, o sendeirismo e o patrimonio mestúranse cada ano na Ruta dos Fornos e das Fontes, unha interesante e entretida iniciativa que nacía hai case dúas décadas da man da Asociación Centro de Animación Rural Celavente, co principal obxectivo de “dar a coñecer e por en valor os fornos comunais e as fontes restaurados nesta localidade do concello do Bolo”.

A XV edición celebrarase o sábado 3 de maio e será o veciño Juan Corzo quen marque o inicio da ruta no punto de partida da camiñada, ás 13 horas, coa lectura dos poemas que el mesmo escribe adicados a Celavente e ás súas xentes. Alí, na caseta instalada na estrada, os asistentes poderán recoller a taza, o pano e as entradas e, tralo pregón e co acompañamento musical de Treboada Arroutada de Tomiño e dos cantos de taberna Abertal, arrincará o percorrido duns 4.600 metros polos diferentes barrios do pobo ata rematar na praza.

As entradas, poranse á venda o vindeiro mércores 23 de abril no Restaurante A Lareira da Rúa; e Restaurante Volobriga do Bolo. Tamén poden reservarse no correo electrónico: rutadosfornos@terrasdobolo.com. Con respecto ao prezo, este ano soben e custarán 20 euros para os adultos e 10 para os nenos.

Máis información na edición en papel do Periódico O SIL.

 

Artigos relacionados

Back to top button