A RúaConcellosEn portadaÚltima hora

As entradas para a XX Festa da Empanada de Costrelas, na Rúa Vella, poranse á venda o venres

A cita gastronómica, organizada pola Asociación Sabugueiro, será o 17 de decembro no campo de San Roque

Na edición de abril deste ano xuntáronse 450 persoas./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Tras  dous anos de parón pola pandemia e unha edición especial en abril deste mesmo ano, a Festa da Empanada de Costrelas da Rúa regresa á súa data orixinal e celebrarase o vindeiro 17 de decembro partires das dúas da tarde.

A esa hora, a carpa climatizada ubicada no campo de San Roque, abrirá as portas para acoller aos comensais que poderán degustar un exquisito menú a base de sopas de allo ben quentiñas, empanada de costelas adobadas e torta de roxóns, á parte de viño, café e licores.

Para poder acceder ao recinto, degustar o menú e tamén botar un baile, deberán mercarse as entradas que custarán 18 euros e estarán á venda a partir deste venres 2 de decembro nos lugares habituais: O Colmado,  Peluquería Esencia, O Café, A Cervecería, Xardinalia,… Como en edicións anteriores poderase reservar prazas (mínimo de seis) chamando ao número 686 655 936. A venda de entradas será ata o 15 de decembro.

A festa está organizada pola Asociación Sabugueiro da Rúa Vella en colaboración co Concello, a Deputacion de Ourense, Mantesil e Panadería Lorenzo. A fin de festa correrá de novo por conta de disco show Danzalia con baile “ata que o corpo aguante”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button