ConcellosPetínÚltima horaVídeos

As Festas A Rabiosa-A Portela rematan cunha animada e concorrida sardiñada popular

 

Con cea (paella o venres e sardiñas o luns) comezaban e remataban este ano as Festas A Rabiosa-A Portela (Petín).

Da man da Asociación de Veciños A Portela-A Rabiosa, formada por xente de diferentes idades do pobo, a festa na honra a San Vitoiro iniciábase o venres 26 de agosto con xogos infantís e unha gran cea popular, con verbena a cargo de A Boa Festa. O sábado 27 de agosto, día central das festas, houbo pasarrúas con gaiteiros, procesión e misa solemne, e baile en sesión de tarde e verbena coa orquestra Triunfo.

 

 

A orquestra Magos era a encargada de amenizar a tarde e a verbena do domingo 28 e agosto e, para a noite do luns 29 de agosto, quedaba o prato forte: o convite por parte da comisión a unha suculenta cea a base de sardiñas asadas, panceta á grella e chocolate con bica. Unha cea á que asistían preto de 300 persoas amenizada por A Boa Festa.

Trala cea e antes de comezar o baile, dende a asociación A Rabiosa daban as grazas aos asistentes, aplaudían aos cociñeiros e lian a placa que colocarán na praza, recentemente ampliada na que tamén instalaron un parque infantil, cos nomes dos veciños que cederon os terreos para poder levar a cabo a obra, agradecendo tamén a colaboración do Concello de Petín. “Pouco a pouco imos facendo cousas para mellorar o pobo”, dicían dando paso ao baile.

Fotos e vídeo Mónica G. Bellver.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button