Despois dunha longa paréntese de dous anos, os fogos artificiais volvían encher de formas e multitude de cores o ceo na noite do 14 de setembro, día grande do Cristo no Barco.

Desta volta a sesión comezaba arredor das once (con 10 minutos de retraso sobre o horario previsto) cun espectáculo visual que se prolongaba durante uns vinte minutos e que tiña o seu reflexo no Sil. Esta sesión corría a cargo de Pirotecnia Penide.
Cos fogos artificiais pechábase oficialmente o programa das Festas do Cristo 2022.
Fotos: A.R./ Mónica G. Bellver
Vídeos: Mónica G. Bellver.