En portadaÚltima hora

As Festas do Cristo 2022 do Barco, no monográfico do Periódico O Sil

Ao longo de case 50 páxinas este monográfico que pode atoparse nos quioscos e librarías, achega os diferentes actos do programa

 

Coa tradicional procesión do Nazareno, cos fogos artificiais, coas orquestras e con citas deportivas de referencia como o Descenso do Sil ou a Milla Urbana do Barco. Trala paréntese de dous anos por mor da pandemia de Covid, O Barco de Valdeorras recupera neste mes de setembro as emblemáticas festas do Cristo, as que como vén facendo dende hai xa máis de vinte anos, o Periódico O Sil adica o amplo monográfico que pode atoparse en quioscos e librerías.

 

 

Ao longo de medio cento de páxinas este número especial fai un percorrido amplo e pormenorizado polas diferentes propostas do programa desta celebración, que terá lugar dende hoxe e ata o 14 de setembro. Dende os cultos relixiosos, coa referencia central do 14 de setembro na que a imaxe do Nazareno volverá percorrer as rúas da vila; as propostas lúdicas e musicais ata as deportivas, con eventos de especial interese como o Descenso Internacional do Sil ou a Milla Urbana.

Ademais diso abórdanse diferentes aspectos da actualidade municipal con reportaxes e entrevistas, así como coas aportacións dos nosos colaboradores.

Artigos relacionados

Back to top button