CulturaCulturaÚltima hora

As guerrilleiras da comarca, no “I Ciclo de Encontros sobre Valdeorras” na Coruña

 

“Mulleres na República e na Guerra Civil” era o título do relatorio que a investigadora Aurora Marco impartía na tarde deste venres no “I Ciclo de Encontros sobre Valdeorras. A Memoria Histórica”, na cidade da Coruña. Esta actividade desenvólvese na sede da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda na Coruña e está organizada polo colectivo Valdeorras Infinda.

Na súa intervención Marco analizaba a etapa da República, con mudanzas políticas e lexislativas de grande importancia en España, que favoreceu a participación feminina na actividade político-sindical. Ademais lembrará as achegas das galegas naquel período e na guerra civil, e a represión posterior.

Tamén se detilla na relación entre a guerrilla e as mulleres, con referencias específicas á guerrilleiras valdeorresas como Consuelo Rodríguez ou á enlace Clarisa Rodríguez Pérez de O Meiral.

Aurora Marco é doutora en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, catedrática de Didáctica da Lingua e Literatura Galega na Facultade de CC da Educación (USC), xubilada. Investigadora e ensaísta, é autora, entre outros, do libro Mulleres na guerrilla antifranquista galega.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button