En portadaGalerías de fotosÚltima hora

As imaxes do X concurso fotográfico Manuel Blanco Pascual, expostas no Casino do Barco

O primeiro premio desta edición foi para Jorge Vidal Pacios pola fotografía “Ponte de Éntoma sobre o Galir”

“Ponte de Éntoma sobre o Galir” de Jorge Vidal Pacios (1º premio); “Cazoletas e canalillas” de Margarita Rodríguez Blanco (2º premio); e “Tareas en la matanza del cerdo en Seadur” de Beatriz García Martínez (3º premio). Son as imaxes gañadoras da X edición do concurso fotográfico Manuel Blanco Pascual convocado polo Instituto de Estudos Valdeorreses no que tamén se concederon dous accésit: “Ponte de Portomourisco” de Mª Elina Blanco Gayoso e “Igrexa de Fontei (A Rúa)” de Álvaro Rodríguez Pérez.

Malia que o fallo do xurado xa saíu hai un tempo, a entrega de diplomas aos participantes tiña lugar na tarde do 28 de xullo no segundo andar do Casino do Barco de Valdeorras. Alí permanecerán expostas as máis de trinta imaxes que entraron no concurso (dunha quincena de participantes), ata o 24 de setembro ás 21h. A mostra estará aberta ao público exclusivamente os sábados e domingos de 20 a 22h.

Na inauguración da exposición estiveron presentes o senador Avelino García Ferradal, o alcalde de Vilamartín de Valdeorras, Enrique Barreiro e o presidente da Asociación Casino do Barco, Julio Crespo Quevedo ademais de varios membros do IEV, entre eles o presidente, Aurelio Blanco Trincado.

Trala entrega de diplomas, o Casino e O IEV convidaron aos asistentes a un aperitivo e un viño.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button