DeportesFútbol salaRúa Valdeorras CFÚltima hora

As infantís Iris, Anxela e Alba (Rúa Valdeorras Futsal), convocadas pola Selección Ourensá de Fútbol Sala Feminino

Iris, Anxela e Alba./ Foto: Rúa Valdeorras Fútsal.

 

Moi contentos e orgullos das súas xogadoras se sinten no Rúa Valdeorras Futsal. E non é para menos xa que tres das infantís foron convocadas pola Selección Ourensá de Fútbol Sala Feminino para o adestramento desta tarde.

Así, tal como informan dende o propio club valdeorrés, Iris Acevedo Blanco (ala), Anxela Fernández Fernández (ala) e Alba González Liñares (ala), deberán acudir esta tarde (ás 18:30 horas) ao Pavillón Municipal de Coles para a primeira sesión preparatoria do Campionato Galego de Seleccións Comarcais de Fútbol Sala que arrincará o 6 de decembro coa disputa da Fase Previa.

A da Zona Sur na que está incluída a selección ourensá terá lugar no Concello de Tui e a Fase Final que coroará aos campións e campioas disputarase 48 horas máis tarde, o 8 de decembro en O Carballiño.

 

Artigos relacionados

Back to top button