DeportesÚltima hora

As inscricións para a proba de BTT de longa distancia de Quiroga estarán abertas ata o 2 de setembro

 

Quiroga acollerá o 6 de setembro a Quiroga Bike Marathon, unha proba de BTT de longa distancia organizada pola área de Deportes do Concello contando co patrocinio de Oroso Club Ciclista e Vitaldin Sport, cuxo percorrido levará aos ciclistas por unha espectacular paisaxe, pasando por puntos como As Eiras, as Terras Negras, Reboledo, o Rego das Forcadiñas ou o Alto do Boi.

A proba, que non será federada, para a que están abertas as inscricións consta de dúas distancias: Bike Marathon, de 45km e 1400 metros de desnivel positivo; e Bike Extreme, de 67km. con 2400 metros de desnivel positivo.

 

 

Pódese participar de forma individual ou en parella. Na modalidade de parella hai varias categorías: Masculina, cando a suma das idades dos compoñentes do equipo sexa inferior ou igual aos 80 anos; Veteranos, cando esa suma supere os 80 anos; Femenina, cando os seus compoñentes sexan mulleres; ou Mixta, cando os compoñentes do mesmo equipo sexan de distinto sexo.

As inscricións estarán abertas na web do evento ata o 2 de setembro, pero con diferentes prezos: ata o 31 de marzo, 27 €; entre o 1 de abril e o 31 de xullo, 30 € e do 1 de agosto ao 2 de setembro, 35€.

Artigos relacionados

Back to top button