CulturaCulturaÚltima hora

As inscricións para participar no Desfile de Entroido da Rúa poderán facerse ata o luns 3 de marzo

Os Fargalleiros da Rúa Vella no desfile do ano pasado./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Os concellos van pouco a pouco abrindo o prazo para inscribirse nos correspondentes desfiles de Entroido. No caso da Rúa, cuxo desfile terá lugar o Martes de Entroido (festivo local) ás 17 horas, estará aberto ata o luns día 3 de marzo con axudas a comparsas e folións en función do número de compoñentes.

Tamén haberá premios especiais á mellor ambientación musical e coreográfica; ao traxe con especial dificultade de elaboración; e á carroza que aporte ao desfile unha especial vistosidade.

 

Artigos relacionados

Back to top button