CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

As lavandeiras do río Selmo

Lenda escrita por Diana Fernández Prieto, ganadora do V Concurso de Nadal convocado pola ANPA do Colexio Plurilingüe Divina Pastora do Barco

 

Hai unha lenda que fala das misteriosas augas do río Selmo, nas terras de Xestoso, preto de Valdeorras,un lugar de intrigantes covas, amores imposibles e seres mitolóxicos.

Conta a lenda que a filla dun nobre de Xestoso gustaba de percorrer os montes dos arredores vestida con roupas vulgares, co obxecto de pasar inadvertida.

Unha tarde atopou por arte de maxia un cazador. A doncela, cuxa fermosura era sobrenatural, deuse a coñecer como pertencente ao castelo de Xestoso, e o mancebo fíxoo como vasalo do señor de Golado. A beleza de ambos fixo que se namorasen, acordando manter novos encontros.

Aqueles encontros tiñan lugar nas beiras do Selmo echegaron a coñecemento do pai da moza. Don Pedro de Xestoso, consideraba aos da aldea de Golado indignos de pretender a súa filla, polo que lle prohibiu volver ver ao mozo.

Así e todo, os noivos atoparon a maneira de verse, pois había un pasadizo que comunicaba o castelo de Xestoso cun túnel que ía ata o castelo de Golado.

O pai da doncela decatouse do que acontecía e considerándoo unha ultraxe decidiu impoñerlle un castigo.

Así pois, unha vez que os amantes penetraran no pasadizo, o pai da doncela pechou as entradas do túnel cun gran número de rochas.

Deste xeito, quedaron na noite de Nadal, nas augas do Selmo, os amantes para sempre…

Tamén conta a lenda que foron os proxenitores das lavandeiras, das que se cre que púen as pebidas de ouro que o Selmo deposita no seu leito.

Autora: Diana Fernández Prieto. 2º ESO B. Colexio Divina Pastora do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button