ConcellosÚltima hora

As localidades de Domecelle, Mouruás e Reboledo (Río) terán bus directo a Ourense

Así o vén de anunciar o alcalde de San Xoán de Río, tras obter a confirmación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

 

“Tras máis de dous meses de loita, no día de onte, 10 de marzo, aprobouse a modificación do actual trazado da liña do autobús que a partires de agora incluirá a Domecelle, Mouruás e Reboledo”, anuncia o alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez.

Isto suporá que estas tres localidades terán bus directo á cidade de Ourense, algo “confirmado pola Consellería de Mobilidade”, asegura o rexedor. Deste xeito a actual liña contará con tres novas paradas (Domecelle, Mouruás e Reboledo) e unha modificación de parada (Cerdeira Estanco a Alto de Cerdeira).

Artigos relacionados

Back to top button