A RúaConcellosGalerías de fotosÚltima hora

As luces de Nadal envolven A Rúa

 

O acendido das luces na noite do 1 de decembro, anunciaba na Rúa a inminente chegada do Nadal. Aínda quedan tres semanas para as datas clave, pero as rúas, as prazas e os comercios empezan xa a coller color navideño con luces e adornos nos escaparates, destacando un ano máis as árbores de luz en punto clave como a praza do Concello ou a rotonda de Campogrande.

Ademais da iluminación, a música ambiente tamén se deixa escoitar polo centro da vila.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button