ConcellosGalerías de fotosTrivesÚltima hora

As luces de Nadal iluminan A Pobra de Trives

 

Un ano máis Trives reloce coa iluminación de Nadal xa dende mediados de mes. Luces de cores en todas e cada unha das aldeas do concello e por suposto na Pobra de Trives, con arcos de luz ditribuídos polo casco urbano, unha árbore de dez metros chea de estrelas, un photocall, e as rúas cheas de maxia, destacando lugares emblemáticos como a Torre do Reloxo.

 

 

É a parte máis chamativa e visible do Nadal que, malia as restricións, vaise abrindo paso con actividades nas que a música e os ilusionados nenos, son os auténticos protagonistas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button