EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

As mascotas protagonizan o casting de adultos organizado polo CCA O Barco

 

Na mañá deste sábado 12 de marzo a pista do pavillón vello do Barco convertíase nunha pasarela de moda. Primeiro eran os pequenos e despois os adultos, os que desfilaban pola alfombra vermella instalada polo CCA O Barco para elixir aos modelos que participarán na edición 2022 da súa Pasarela de Moda que se celebrará o 9 de abril.

 

 

Non é a primeira vez que a Asociación Centro Comercial Aberta O Barco organiza un casting na procura de modelos locais que desfilen, pero a principal novidade do deste ano residía na participación de mascotas que acababan converténdose nas protagonistas do casting.

Con alegría e enerxía, unha decena de modelos (algúns cos seus cans) desfilaban diante da organización, como preámbulo do pase que farán o día do desfile, en plena primavera.

 

 

Máis información, fotos e vídeos sobre o casting: https://osil.info/os-cativos-desfilan-pola-alfombra-vermella-no-casting-do-cca-o-barco/

 

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button