OurenseÚltima hora

As mulleres rurais serán as protagonizan do 8 de outubro dentro da iniciativa “8M, mes a mes” da Deputación

O lema seleccionado neste mes é “Sementando raíces, colleitando forzas”

Retratos a Lina

 

Como cada día 8, a Área de Igualdade da Deputación realiza un recoñecemento especial ás mulleres con profesións altamente masculinizadas ou de gran relevancia ao longo da historia. Así, dentro desta iniciativa, “8M, mes a mes”, búscase promover durante todo o ano a importancia do traballo das mulleres.

No mes de outubro, o recoñecemento é a muller rural dedicada ao campo, coincidindo tamén con que o día 15 celébrase o Día Internacional das Mulleres Rurais. O lema seleccionado neste mes é “Sementando raíces, colleitando forzas” e a persoa seleccionada en representación do colectivo é Isolina Morais Domínguez, Lina, natural de Terroso, Vilardevós. É labrega e tamén se dedica á venta na praza de abastos de Ourense na súa propia tenda, “A Horta da Lina”. Ademais, realiza compra-venda de castaña en tempada.

Lina comezou coa produción para autoconsumo, e hai máis de tres anos foi cando decidiu emprender, impulsada pola súa paixón por traballar a terra. Liga directamente o seu traballo con obter produtos de calidade e de maior seguridade alimentaria para a nosa saúde. “A agricultura ademais de permitirnos ter a capacidade de producir os nosos propios alimentos, apórtanos unha produción de alimentos sans, e fai que a poboación coñeza a procedencia dos mesmos e é algo que incide directamente na nosa saúde”, engade.

 

Artigos relacionados

Back to top button