ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

As obras de asfaltado no casco urbano do Barco, que comezarán esta semana, implicarán variacións no tráfico rodado

Rúa da Estación no Barco.

 

O xoves 7 de marzo está previsto que se inicien os traballos de asfaltado de rúas no casco urbano do Barco de Valdeorras por parte da empresa local Acoval, adxudicataria deste proxecto, cun orzamento de algo máis de 216.000 euros.

O xoves e o venres realizaránse traballos de fresado nas rúas Cantón, Eloy Rodríguez Barrios (entre Balorca e Estación), A Rampa, Ramón y Cajal e Estación (no tramo máis próximo á estación de Renfe). “Se non chove, o martes día 12 comezará o asfaltado nestas rúas e máis en Eloi Mira, que será a primeira na que se realizarán estes traballos”, indican dende o Concello, puntualizando que no caso de que rexistraran malas condicións meteorolóxicas, en vez de asfaltar a partir da próxima semana, continuaríase co fresado nas rúas José Otero, Ourense, Río Galir, Río Mariñán e Río Miño, que serán as seguintes en ser asfaltadas.

A realización destes traballos implicará variacións no tráfico rodado, así como a retirada de vehículos aparcados nas rúas afectadas. En todos os casos, a empresa adxudicataria e a Policía Local colocarán as sinais precisas para que os traballos xeneren os menores trastornos posibles.

Unha vez rematado este proxecto, “está previsto executar o de renovación do firme da estrada entre Vilanova e Forcadela, o asfaltado da estrada de Vales a Cesures, e a renovación do firme de rúa en Xagoaza (cun prezo de licitación de 185.700 euros”, avanzan dende o Concello que pide “a colaboración da veciñanza, na retirada de vehículos aparcados e no respecto da sinalización provisional as obras, para o bo desenvolvemento destes proxectos.

Artigos relacionados

Back to top button