ConcellosPetínÚltima hora

As operadoras de telefonía móbil comezan a ofrecer en Petín servizos 4G

A nova tecnoloxía permitirá aos petineses desfrutar conexións máis veloces e mellor cobertura

Panorámica de Petín. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Varias operadoras de telefonía móbil (Telefónica, Vodafone e Orange) comenzaron xa a ofrecer en Petín servizos sobre a rede 4G na banda 800MHz, o que permitirá aos petineses “desfrutar de conexións móbiles de alta velocidade sobre tecnoloxía LTE (4G) cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica”, explican dende Omnicom PR Group, adiantando que para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa Televisión Dixital Terrestre (TDT), os operadores puxeron en marcha Chega800, “entidade encargada de solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión”.

Coa chegada do novo 4G a Petín “continua o proceso de implantación que se está realizando de forma paulatina por toda a xeografía nacional”, aseguran dende Omnicom, podendo comprobar as localidades onde xa están activos estes servizos no seguinte enlace: https://www.llega800.es/listado-de-municipios-activos/

 

 

Coa rede 4G abriuse a porta a innovadores servizos e aplicacións, ademais de proporcionar significativas melloras tanto na velocidade de descarga, como de envío de datos -fotos, música ou contidos audiovisuais de alta definición- ou permitir sacar o máximo partido a aplicacións en liña, como os videoxogos.

Tal como explican dende a Omnicom PR Group a rede 4G de telefonía móbil introduce dúas melloras fundamentais. “A primeira é a solvencia dos diversos problemas relacionados con orografías complicadas presentes na xeografía española onde tradicionalmente fallaba a cobertura. A segunda, é a gran penetración en zonas interiores dos edificios”. A nova xeración da tecnoloxía tamén facilita a introdución de novos servizos na área empresarial e das administracións públicas, como aplicacións empresariais en mobilidade con alto contido multimedia ou o uso da videollamada, entre outros. Ademais, a maior cobertura que alcanza o 4G na banda de 800 MHz mellorará o servizo no interior de edificios e será a banda que permita estender xeograficamente o servizo de forma eficiente.

Artigos relacionados

Back to top button