ConcellosEn portadaGalerías de fotosO BarcoÚltima horaVídeos

As Pandillas do Barco volven xuntarse polo Cristo á beira do Sil

A sesión vermú, celebrada no mediodía deste 10 de setembro, estivo amenizada polo grupo de versións Gin Toni's

 

Sen chegar ás cifras pre pandemia (no ano 2019 reuníanse 400 persoas), a xuntanza de pandillas que se celebra dende hai máis dunha década no marco das Festas do Cristo, reunía nesta ocasión a 15 peñas (221 persoas) que desfrutaron dunha animada sesión vermú a cargo do grupo de versións Gin Toni’s.

 

 

Entre as pandillas, nas que se botou en falta algunha moi numerosa, estaban as tradicionais como a das Casas Baratas, a Peña Saldoira, L@s del Malecón, Coirach@s, Pandilla PX ou Amigos del Botelo e outras de máis recente creación, moitas formadas especialmente para a ocasión: Os do Meet, Los Marchosos, VHO, Amigos Estrela Galicia, BlackanGuays, Añada del 75, Birras & Parque, Estrellas da Praza e Raca Raca.

 

 

O mínimo para poder inscribirse estaba en 10 membros pero tamén as había máis numerosas, de 18, 20, 25 e incluso 30 membros. Todas bailaron, conversaron e mesmo cantaron e, unha vez rematado o concerto, os membros das pandillas compartiron un aperitivo, servido un ano máis por Mantesil, á beira do río, previo pago de 5 euros por persoa.

 

Sesión vermú con Gin Toni’s.

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button