ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

As piscinas municipais de Viana abrirán o 20 de xuño, tras a súa renovación

Nas obras de mellora acometidas nestas instalacións investíanse 39.300 euros

Cunha nova imaxe lucirán neste verán as piscinas municipais de Viana do Bolo. Veñen de rematar as obras acometidas polo Concello co fin de mellorar estas instalacións. No decurso da intervención, que supuxo un investimento de 39.300 euros, realizábanse as seguintes actuacións: dotación de accesibilidade ás persoas con mobilidade reducida ao vaso, revestimento na piscina infantil, reforma do acabado da zona do graderío, ampliación e mellora da rede de rego e substitución e mellora de equipamento da depuradora, entre outras.

Esta é unha “instalación moi importante e imprescindible para gozar de Viana no verán”, asegura o alcalde deste concello, Secundino Fernández. Ademais o rexedor adianta que, “unha vez feitas as obras e melloras procederase a sua apertura mañá mércores 20 de xuño”.

Fotos: Concello de Viana do Bolo.

Artigos relacionados

Back to top button