DeportesÚltima hora

As pistas de atletismo do Barco, sede da Liga galega escolar das provincias de Lugo e Ourense

Esta competición deportiva comezará a partires das 10:45h. do vindeiro 18 de novembro
Competición de atletismo de categorías base nas pistas de Calabagueiros (O Barco)./ Foto: A.R.

Atletas da base das provincias de Ourense e Lugo competirán de maneira conxunta o vindeiro 18 de novembro nas pistas de Calabagueiros. O Barco acollerá, a partires das 10:45h., a edición 2017/2018 da VI Liga Galega Escolar Abanca no denominado “sector de Ourense”.

Por agora teñen confirmado a súa presenza nesta competición os equipos ourensáns do ADAS, Ourense Atletismo e Club Deportivo La Purisima. No caso da provincia de Lugo contarase, polo momento, coa E.D Lourenzá, Franciscanos Lugo, Lucus Caixa Rural e E. A. Lucense, segundo se adianta dende a Delegación Valdeorras da Federación Galega de Atletismo (FGA).

“Destes enfrontamentos zonais sairán clasificados o primeiro equipo de cada unha das fases e as cinco mellores puntuacións do total dos equipos participantes, os cales mediranse na gran final que acontecerá na Pista Cuberta de Ourense coincidindo coa súa inauguración o vindeiro dia 16 de decembro”, tal e como se adianta dende a Delegación Valdeorresa da FGA.

Artigos relacionados

Back to top button