En portadaÚltima hora

As posibilidades do cultivo in vitro para os novos soutos de castiñeiros, analizadas nunha xornada

o emprego destas técnicas poden acelerar o proceso de transferencia ao sector de plantas libres de patóxenos e con elevada multiplicación vexetativa

 

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, celebrou esta mañá unha xornada técnica sobre as posibilidades do cultivo in vitro para soutos novos de castiñeiros. O foro céntrase no castiñeiro de produción de variedades autóctonas de froito autorizadas pola Indicación Xeográfica Protexida de Castaña de Galicia. O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, foi o encargado de inaugurar o acto, que se desenvolveu no Centro de Investigación Forestal de Lourizán.

Na xornada, que foi impartida pola investigadora do CIF de Lourizán María Eugenia Miranda Fontaíña, explicouse como o emprego das técnicas de propagación por cultivo in vitro poden acelerar o proceso de transferencia ao sector de plantas libres de patóxenos e con elevada capacidade de multiplicación vexetativa.

 

 

 

Ademais, amosáronse as posibilidades dunha nova xeración de portaenxertos, que contan cun maior potencial, por unha banda, pola maior compatibilidade coas variedade de castaña galegas e, pola outra, pola mellor adaptabilidade ás condicións climáticas das zonas de destinos dos novos soutos.

Durante a xornada, o CIF de Lourizán deu a coñecer a situación actual do seu traballo neste eido e a súa conexión co Programa Estratéxico do Castiñeiro e da Produción da Castaña. Tamén, os asistentes puideron visitar as instalacións de propagación que se topan no dentro do centro. Por último, ao remate, abriuse un diálogo aberto co fin de facilitar a colaboración entre profesionais relacionados co mundo do castiñeiro.

Artigos relacionados

Back to top button