En portadaÚltima hora

A IXP Mel de Galicia lanza un proxecto solidario para reforestar con 500 castiñeiros unha zona valdeorresa queimada no incendio do 2022

O seu consello regulador anima a participar nesta iniciativa prevista para o venres 1 de decembro ás 11h. en Alixo (O Barco)

 

Neste ano 2023 a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Mel de Galicia poñía en marcha unha campaña destinada a honrar e dignificar a apicultura galega baixo o título ‘Un modo de vida’. Seguindo precisamente esta filosofía na que a preservación da biodiversidade, o coidado das abellas e a valorización dun oficio tradicional son o eixo central, o Consello Regulador da IXP lanza a iniciativa ‘Elixindo un modo de vida’, un proxecto de reforestación para o que chaman á participación de persoas voluntarias.

Neste senso, este concello regulador fai un chamamento de cara ao vindeiro venres 1 de decembro ás 11h. para plantar 500 castiñeiros nunha das áreas arrasadas polo incendio forestal que afectaba no verán do 2022 á comarca de Valdeorras. Concretamente será na parroquia de Alixo (O Barco). As persoas que estean interesadas en participar poderán inscribirse enviando un correo a info@mieldegalicia.org ou aparecer no propio lugar. Os 10 primeiros voluntarios que cheguen recibirán un meloso agasallo.

“A repoboación das zonas queimadas con especies autóctonas é de vital importancia para a recuperación do territorio e para a alimentación das abellas e en consecuencia para a produción do Mel de Galicia. Xurde así a acción medioambiental Elixindo un modo de vida respectuoso co medio ambiente, unha mensaxe en favor dos produtores e dun futuro comprometido co medio ambiente e as abellas” explican dende Mel de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button