ConcellosO BarcoÚltima hora

Un incendio calcina parte dunha vivenda unifamiliar en Cesures, no concello do Barco

 

Na noite do martes 25 de marzo producíase un incendio urbano que calcinaba parte dunha vivenda unifamiliar no municipio do Barco de Valdeorras.

Tal como informan dende o 112, contra as 23 horas varios particulares alertaron dun lume nunha casa de dúas plantas na localidade barquense de Cesures. “Aínda que non había persoas afectadas, as lapas espalláronse rapidamente polas estancias e corríase o risco de que se propagasen ás vivendas contiguas”, indicaban os informantes.

 

 

Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Valdeorras, os GES de Valdeorras (que contaba cun só efectivo), e de Quiroga-Folgoso do Courel e a Garda Civil. “Ao mesmo tempo, tamén enviou medios de extinción o persoal do distrito forestal da zona”, din dende o 112, engadindo que “os equipos de emerxencias explicaron que o incendio afectou por completo á primeira planta e á cuberta da vivenda, polo que traballaron ata ben entrada a madrugada para evitar a propagación das lapas ás estruturas máis próximas”.

Pasadas as 2 horas, “os bombeiros confirmaron a extinción do incendio e que finalmente só se viu afectada a vivenda na que se orixinou o lume”.

Está mañá aínda se vían rescoldos do incendio, que tamén afectaba ao tendid do alumado público do lugar onde está a casa.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button