DeportesFútbol salaRúa Valdeorras CFÚltima horaVídeos

As rapazas do Rúa Valdeorras Futsal despiden ao seu exadestrador con agasallos e unha ovación

Entregábanlle agasallos no marco do I Torneo Vila do Barco de Fútbol Sala que se celebraba esta fin de semana

 

Nada máis rematar a competición, o 1 de xuño, Rosendo Durán anunciaba emocionado e entre bágoas que, logo de tres grandes tempadas, deixaba de ser adestrador do Rúa Valdeorras Fútsal.

O fútbol sala é a súa paixón e as rapazas do Rúa parte xa da súa familia polo que as súas vidas sempre estarán vinculadas aínda que os camiños deportivos se separen e aínda que xa se despediran, non o fixeran oficialmente e as xogadoras quixeron aproveitar o descanso da final do I Torneo Vila do Barco de Fútbol Sala, xogada na tarde deste domingo 7 de xullo.

 

 

Así o facían e tras participar no cuadrangular feminino, dirixíanse ata o centro da pista do pavillón municipal de Calabagueiros onde, diante do numeroso público que seguía o torneo e que lle aplaudía, entregábanlle a un emocionado Durán, unha bufanda, unha camiseta asinada por todas as xogadoras e unha placa, en sinal de agradecemento e cariño.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button