Sabían que ía ser complicado e que van ter que traballar moito e moi duro para manterse na categoría e por iso están a pelexar como guerreiras que son aínda que de momento non lograron puntuar.

Trala derrota 4-3 no Carballiño chegaba o momento da estrea na casa e, na tarde deste sábado 23 de setembro, as rapazas do Rúa Valdeorras Futsal saltaban ao parqué do pavillón municipal da Rúa dispostas a dalo todo e intentar sumar os tres puntos en xogo.

Mais enfronte tiñan ás xogadoras do Fútbol Sala Cidade de Pontevedra, un equipo xa veterano na Preferente Galicia Feminina que non estaba disposto a poñerllo fácil e acabou impoñendo a súa experiencia vencendo por 1 gol (marcado por Carlota na primeira metade) a 6.
Con este resultado as rapazas de Rosendo Durán sitúanse na parte baixa da clasificación, á espera da seguinte xornada de liga que as levará ata Dumbría (A Coruña) para xogar contra Fisober FS.
Fotos: Carlos G Hervella.