DeportesFútbol salaRúa Valdeorras CFÚltima hora

As rapazas do Rúa Valdeorras Futsal pasan á final da Copa Deputación tras ganar 7-2 ás do Xinzo

 

Imparable. O Rúa Valdeorras FSF está a un paso de facerse coa Copa. Na tarde deste domingo 28 de maio, día de eleccións municipais, as rapazas de Rosendo Durán xogábanse no pavillón municipal da Rúa o pase á final da XLII Copa Deputación de Ourense contra o Xinzo Feminino FS e pasaron o exame con nota.

Eran as visitantes as que se adiantaban no marcador cun temperán gol no minuto 2, pero as do Rúa reaccionaban e poñían o 1-1 grazas ao gol de Carlota no 11′. Apenas un minuto despois Sabela anotaba o segundo gol. No minuto 12, Alba anotaba o terceiro gol local rematando a primeira parte co 3-1 no luminoso.

Na segunda parte do encontro, Marta poñía o 4-1 para o Rúa pero un minuto despois, as de Xinzo recurtaban distancias co seu segundo gol da tarde. Aínda quedaba partido e as valdeorresas foron a por todas anotando tres goles máis: Alba no 41′, Carlota no 45′ e Marta no 46′.

Co 7-2 final o Rúa Valdeorras FSF pasa á final da Copa Deputación na que se enfrontará ao Cartelle tras vencer 5-4 nos penaltis ao Verín.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button