ConcellosEn portadaGalerías de fotosO BarcoÚltima hora

As rúas da zona máis antiga do Barco engalánanse polo Corpus Christi

 

Con fermosos tapices de cor, que representan diversos motivos xeométricos e relixiosos, locen as rúas da zona vella do Barco para recibir á procesión do Corpus Christi neste domingo 12 de xuño. Son o resultado do esforzo da veciñanza que dende hai días traballaba para preparar os tintes da sal e do serrín e para preparar os deseños, que comezaban a plasmarse na tarde de onte sábado nas rúas con tiza.

 

 

Esta madrugada, ben cediño, os veciños erguíanse para afrontar a elaboración destas alfombras que poden verse na rúa San Roque, e logo no cruce entre a rúa Real e a rúa Escura ata chegar a praza de San Mauro, con dúas grandes e fermosas alfombras.

A partir das 12h. está prevista a misa e, a continuación, comezará a procesión sacramental que percorrerá esas rúas e parará nalgúns dos altares preparados para a ocasión, como é o caso do situado na rúa San Roque.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button