En portadaÚltima hora

As rutas promocionais do Camiño de Inverno chegan a Valdeorras

Un grupo de camiñantes percorrían o tramo entre Éntoma e Vilamartín de Valdeorras na mañá deste 2 de outubro

 

Baixo o lema “6 días para coñecer, 6 días para desfrutar”, as rutas promocionais comarcais propostas pola Asociación de Municipios do Camiño de Inverno para promocionar esta ruta xacobea, que arrancaban o 19 de setembro na comarca do Bierzo, chegaban a Valdeorras na mañá deste sábado 2 de outubro.

A segunda ruta proposta, na que participaban un vintena de persoas, comezaba ás 9:30 horas en Éntoma completando uns 15 quilómetros aproximadamente ata Vilamartín de Valdeorras onde un autobús esperaba aos camiñantes para facer o camiño de regreso ata Ponferrada, de onde viñan a maioría. E entre medias, os participantes na camiñada visitaban a vila do Barco de Valdeorras acompañados polos concelleiros de Deportes e Turismo, Aurentino Alonso e Eladio Santos, respectivamente, e tamén polo alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez.

 

Os camiñantes en Tremiñá. /Foto cedida.

 

Na localidade tomaban una aperitivo por xentileza do Concello do Barco e recibían información de man do concelleiro de Turismo, sobre o casco vello e a historia da vella ponte de San Fernando, achegándose ata a pasarela que une a zona antiga da vila con Viloira.

Despois continuaban o percorrido polo Camiño de Inverno, pasando por zonas como Tremiñá, rumbo a Vilamartín onde desfrutaron dunha cata de viños.

A seguinte ruta será na zona de Quiroga o 16 de outubroo e despois tocaralle á Ribeira Sacra (30 de outubro); Rodeiro (13 de novembro); e finalmente Vedra (27 de novembro).

Fotos: Ángeles Rodríguez.

 

Artigos relacionados

Back to top button