ConcellosO BarcoÚltima hora

As últimas chuvias fan medrar o caudal do río Sil ao seu paso polo Barco

 

As precipitacións rexistradas nos últimos días facían medrar o caudal que leva o río Sil ao seu paso polo Barco de Valdeorras. Despois de meses e meses cun nivel moi baixo, o río volvía crecer ofrecendo imaxes que comezaban a lembrar xa a doutros outonos.

Así, esta mañá podía verse unha das zonas da praia fluvial do Malecón cuberta pola auga. Tamén baixa un bo caudal no arroio de Viloira, mentres que o Mariñán recuperaba hai uns días o seu caudal e dende onte baixaba auga no río Cigüeño, que se une ao Sil no Malecón do Barco.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button