CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

As versións de Gin Toni’s amenizan a noite do sábado, no campo da festa do Barco

 

Chegados dende as terras de Lemos, o grupo Gin Toni’s recalaba na noite deste sábado 11 de setembro no campo da festa do Barco de Valdeorras, dentro do programa de música ao vivo Terrasón 2021.

Incluída na programación cultural do Cristo, a actuación foi un percorrido polas versións dos mellores temas do pop-rock español, desde os 80 ata a actualidade (Seguridad Social, Rebeldes, Revolver, El Último de la Fila, Fito y Fitipaldis, Radio Futura, Loquillo, Los Rodríguez, Barricada, M-Clan, Los Refrescos, Los Secretos, La Unión, Joaquín Sabina, Siniestro Total …).

Cun directo fresco, un repertorio repleto de conocidísimas cancións e unha elegante posta en escena, o quinteto lucense transportou ao público ás Décadas Douradas da música Española.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button