Dende o 3 de novembro e ata o 1 de decembro, cada domingo ás 18h. haberá teatro no Centro Cultural Avenida. As Xornadas de Teatro da Rúa erguían na tarde de onte, o pano da décima edición coa actuación do grupo afeccionado Augas do Sil de San Clodio.
Pasadas as seis da tarde e trala presentación por parte do presidente da Asociación Cultural de Teatro A Ruada Ramón Díaz, os actores subíanse ao escenario para dar vida aos personaxes de 6 príncipes para una princesa ou o que é o mesmo Princesa busca pretendiente, unha entretida comedia que na narra a historia de Godofreda, a princesa preguiceira, moderna e festeira que presionada pola súa nai, a raíña, ten que buscar marido entre o “peor de cada reino”.
O público que asista ás representacións (a un prezo de 3 euros por función) poderán ver ademais unha exposición de debuxos de Alba Aizpuru.
As xornadas continuarán o vindeiro domingo co grupo Candea de Viana que presentará a súa obra Axencia matrimonial media laranxa.
Fotos: Mónica G. Bellver