EconomíaEconomíaÚltima hora

As xornadas de encontro entre proxectos de innovación rural, Mutante’s, mutan á rede

A situación sanitaria obrigou á organización a candelalas de forma presencial e será a través da plataforma ZOOM

 

Levaban meses preparando o programa que esta fin de semana se ía celebrar na Veiga, pero as novas medidas de restrición sanitaria para a comarca de Valdeorras obrigaban á organización a candelar as Xornadas Mutante’s presenciais e mudarse de forma precipitada ás redes.

“Non é o desexable, pero seguimos aquí, reivindicando a cultura e os proxectos no rural”, aseguran, desexando chegar igualmente a todas aquelas persoas que cren que o rural ten moito que dicir. “Isto non para! Mutamos para adaptarnos. Mutamos para crer que o rural que imaxinamos é posible”, din.

Así, esta tarde a partir das 16h. e a través da platafoema ZOOM, celebraranse estas xornadas tan especiais que poderán seguirse durante a fin de semana no seguinte enlace: https://us02web.zoom.us/j/89684402254#success

Máis información sobre as xornadas: https://www.facebook.com/Mutantes-xornadas-de-encontro-entre-proxectos-de-innovaci%C3%B3n-rural-101391281705002

 

Artigos relacionados

Back to top button