EconomíaEconomíaÚltima hora

As Xornadas Gastronómicas do Botelo pecharanse cunha cata-maridaxe no Pazo do Castro (O Barco)

Será o vindeiro sábado 18 de febreiro ás 12:30 horas

 

A vindeira fin de semana finalizan as II Xornadas Gastronómicas do Botelo e o Cocido Valdeorrés, celebradas en 18 restaurantes da vila do Barco, Sobradelo e Vilamartín, “cunha boa acollida por parte do público”, aseguran dende o Concello.

Unhas xornadas que porán o broche cunha actividade extra. O sábado 18 de febreiro, a partir das 12:30 horas, celebrarase no Pazo do Castro unha cata-maridaxe de viños de Valdeorras con pratos elaborados con botelo.

Esta actividade está organizada pola concellaría de Turismo do Concello do Barco en colaboración coa Asociación Ruta do Viño de Valdeorras e a Denominación de Orixe Valdeorras e conta con 20 prazas.

A inscrición para poder tomar parte custa 5 euros por persoa e debe realizarse enviando un mail cos datos (nome completo e DNI), a info@rutadelvinovaldeorras.com. Os inscritos, por rigorosa orde de entrada, recibirán instrucións para a formalización do pago.

Artigos relacionados

Back to top button