A RúaConcellosÚltima hora

Ascende a 18 o número de positivos por Covid-19 na Rúa

Entrada do Centro de Saúde da Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Considerable repunte no número de contaxios por coronavirus na Rúa. Segundo os datos que a Consellería de Sanidade lle remitiu ao Concello, na xornada deste venres 6 de novembro son 18 os casos activos de Covid-19 no municipio, cinco máis que onte.

Pola contra, noutros concellos da comarca de Valdeorras como o Barco, con maior poboación, a tendencia é clamamente á baixa rexistrando 20 casos activos por segundo día consecutivo.

Con respecto ao nivel de alerta por concellos no mapa elaborado dende Sanidade, A Rúa está no nivel 1 (cor amarela) con entre 7 e 14 casos confirmados por PCR nos últimos sete días.

 

Artigos relacionados

Back to top button