Como cada ano por estas datas, neste 2024 dúas semanas antes que o ano pasado, o Centro Sociocultural Santa Lucía en Vilamartín, acollía na tarde deste sábado 9 de maerzo a asemblea da Asociación Valdeorresa de Apicultores.
Tal e como estaba previsto aproveitábase a xuntanza para facer reparto de alimento, ceras e trampas para velutinas. De seguido a veterinaria da Agrupación Apícola de Galicia, Esther Ordóñez, impartía unha charla informativa sobre as problemáticas actuais da apicultura na comunidade galega destacando a Varroa como “o talón de aquiles da apicultura”.
Trals charla, o intercambio de opinións e as pregustas dos asistentes, comezaba a asemblea con temas de trámite e a modificación da cuota como principal punto na orde do día. Con respecto á xunta directiva, á fronte da asociación continuará o actual presidente, Armando Rodríguez, así como o resto de persoas que xa formaban parte do equipo directivo (Luz Rodríguez como vicepresidenta, María del Carmen Dosouto como secretaria e Sergio Da Rocha como tesoureiro). Como vogais figuran Antonia Franco, Luis Real, Iván Losada e Maite Estévez.
Coma sempre o broche á xuntanza poñíao unha petiscada no Restaurante Peyma, na Rúa.
Fotos: Mónica G. Bellver salvo as tres últimas da galería que son cedidas.