Continúa a celebración de magostos na comarca de Valdeorras. Nesta ocasión eran os usuarios de Asfaval (Asociación de Familiares de Personas con Discapacidad Intelectual de Valdeorras) os que desfrutaban das castañas asadas, en Vilamartín de Valdeorras.
No mediodía deste venres 8 de novembro, celebraban o tradicional magosto na Área Recreativa do Bañadoiro, no exterior do Centro Ocupacional de Asfaval, seguido do xantar, contando coa visita do voceiro do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, que se achegaba ata Valdeorras para reunirse con alcaldes, concelleiros e outros representantes do partido a nivel provincial e galego.
Fotos: O SIL.



