EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

Asfaval recibe unha aportación económica do Clúster da Pizarra

 

Como unha mostra de apoio ao labor social que levan a cabo, o Clúster da Pizarra de Galicia vén de facer unha aportación de 1.000 euros a ASFAVAL, a Asociación de Familiares de Persoas con Discapacidade Intelectual de Valdeorras que dende hai uns días preside Julio Pérez.

A entrega do cheque tiña lugar na mañá deste luns 25 de outubro por parte do presidente do Clúster, Víctor Cobo que se achegaba ata o centro ubicado nas Huertas (O Barco), acompañado polo xerente Severino González. Aproveitando a visita e da man da anterior presidenta, Amelia Blanco, os representantes do colectivo louseiro facían un percorrido polas instalacións saudando aos usuarios.

Dende o Clúster, o presidente daba ás grazas a ASFAVAL polo labor que están facendo polos rapaces que alí atenden, animándoos a “seguir coa loita”. Amelia Blanco pola súa banda, agradeu a aportación e a visita “porque aínda que levamos tempo aquí, moita xente descoñece o que temos e o servizo que estamos dando que creo que é bo”, dixo.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button