Neste mes de setembro comezaban as obras de construción dunha nova rotonda na entrada á vila do Barco dende a Avenida de Galicia e sobre o río Mariñan. Estará situada nas proximidades da futura superficie comercial do Mercadona e dende o Concello do Barco estiman que as obras poderían durar cando menos un par de meses. Nesta galería de imaxes pode verse o aspecto actual das obras de construcción e baixo estas liñas varios planos que amosan como quedará unha vez finalizada.


