ConcellosO BarcoÚltima hora

Atopada unha persoa falecida na súa casa, no Barco de Valdeorras

 

No mediodía deste luns 30 de xaneiro dende o 112 Galicia informaban de que “un home foi atopado falecido na súa casa na que había fume no Barco de Valdeorras”. Recibían a alerta dos feitos ao fío das 13 horas, a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Segundo indicaba, “a coidadora do home atopárao falecido no salón da vivenda, na que había fume, dando conta dunhas cadeiras calcinadas, pero sinalaba que, no momento no que vira ao home, xa non ardía nada”.

Así, tras recibir o aviso, desde o 112 Galicia solicitaban a intervención do GES de Valdeorras, da Policía Local e da Garda Civil, “que se desprazaron ata o lugar onde ocorreron os feitos, na rúa da Rubiá. Arestora, as forzas da orde tratan de esclarecer as circunstancias deste suceso”, conclúen dende o 112.

Artigos relacionados

Back to top button