ConcellosÚltima hora

Atopado con rapidez un usuario que faltaba da residencia de Chandrexa

Organizábase un operativo de busca no que participaban as agrupacións de Protección Civil de Chandrexa, Manzaneda e Trives, ademais da Garda Civil e persoal deste centro de maiores

 

A intervención dos equipos de emerxencias permitía atopar con rapidez a un usuario da residencia de maiores de Chandrexa de Queixa ao que se botaba en falta hoxe á hora de xantar. Esta persoa era localizado en torno ás tres e media desta tarde a 1 km de distancia, aproximadamente, o centro de maiores.

No operativo de búsqueda participaban as agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Chandrexa de Queixa, Manzaneda e A Pobra de Trives, así como a Garda Civil e o persoal da residencia. Unha vez localizado, foi trasladado novamente ata a residencia.

Artigos relacionados

Back to top button