ConcellosEn portadaO BarcoÚltima horaVídeos

Aumentan os casos de violencia de xénero no Barco de Valdeorras

O alcalde do Barco e o subdelegado do Goberno en Ourense copresidían a reunión da Xunta Local de Seguridade Cidadá neste municipio

 

Na mañá deste xoves 20 de abril o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González e o alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García, copresidían a reunión da Xunta Local de Seguridade Cidadá 2023 celebrada no Concello barquense, na que tamén estaban presentes a responsable de Violencia de Xénero e representantes da Xunta de Galicia, da Garda Civil, da Policía Local e da Policía Nacional (como novidade este ano acudía o responsable da Unidade de DNI do Barco) para analizar e valorar a seguridade cidadá, así como os datos de violencia de xénero no concello no ano 2022 e nos tres meses deste 2023.

 

Reunión da Xunta Local de Seguridade Cidadá no Barco.

 

Trala reunión, o subdelegado do Goberno en Ourense aseguraba que no Barco os niveis de seguridade e criminalidade con respecto ao ano anterior “que xa eran bos, seguen un ritmo de normalidade dentro do contexto provincial e de poboacións deste rango. Está nos niveis aceptables, polo que neste momento temos unha boa seguridade cidadá. Salvo circuntancias especiais de algún delito menor de destrozos de vehículos e algún hurto que causou alarma no seu momento pero foi esclarecido pola Garda Civil, en termos xerais non temos datos relevantes que xeren desorde público”, dixo, destacando que “incluso baixaron os delitos contra as persoas, unha boa nova para O Barco”.

 

 

Emilio González destacou o labor dos corpos e forzas de seguridade do Estado, tanto Garda Civil como Policía Local “que están facendo un formidable labor de prevención no municipio, tamén con medidas nos entornos escolares, executando de forma exemplar tanto as vixilancias como as charlas formativas que demandan as comunidades escolares relativas a acoso escolar, igualdade, drogodependencia, alcoholismo e demais, que xa deu algún resultado positivo durante este ano ao detectar algún pequeno consumo e trapicheo menor”, dixo asegurando que “cada vez estase intensificando máis o labor nos centros escolares”.

causou alarma no seu momento como foron os destrozos e rouvos en coches e demais que foi esclarecido pola Garda Civil

 

 

En canto a datos de violencia de xénero, o subdelegado do Goberno asegurou que houbo un incremento de seis casos con respecto ao ano anterior no que había 14. “Esta é unha lacra e cada día é difícil dicir que baixan pero en todo caso as vítimas que temos aquí non son de risco extremo ningunha. Temos catro de risco alto e o resto de risco baixo”. Neste aspecto desexou que isto pare nalgún momento destacando o traballo que se está levando a cabo de protección da vítimas tanto por parte da Garda Civil como da Policía Local. “Podemos dicir que as vítimas están protexidas ao 100%”, concluía.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.
Vídeos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button