DeportesÚltima hora

O Auriense Fútbol Gaélico, representado en Europa

Dous xogadores do club ourensán participaron na convención da Gaelic Athletic Association celebrada en Bruxelas
Os xogadores ourensáns de negro, en conmemoración do Día Contra a Violencia de Xénero.

A práctica do fútbol gaélico vai a máis. Proba diso é a convención da Gaelic Athletic Association, unha posta en común das competicións a nivel europeo celebrada esta fin de semana en Bélxica, que pon de manifesto o auxe deste deporte en todo o continente. A cidade de Ourense non queda atrás, cunha intensa actividade por parte do Auriense F.G. que conta con dous equipos na liga galega, e que desprazou a dous dos seus xogadores para participar na xuntanza.

A reunión tiña lugar nunha fin de semana na que o equipo masculino do Auriense lograba unha importante vitoria contra o Baithrechas da Estrada. Tal como explican dende o club ourensán a xornada do domingo 26 de novembro deparou un “partidazo no Campo da Universidade, onde estaba en xogo a clasificación para o grupo que loitará polo título galego na segunda volta” que se resolvía favorablemente para os locais, cun axustado 03-11 (20) 02-13 (19), tras unha final “practicamente de infarto”. Un resultado que confirma a boa tempada do conxunto ourensán, asentado entre os grandes do fútbol gaélico galego.

A vindeira fin de semana os equipos masculino e feminino do Auriense viaxarán ata A Coruña para enfrontarse a Fillos de Breogán, un dos candidatos ao título.

Artigos relacionados

Back to top button