Avanzan os traballos de asfaltado da travesía da N-536 ao seu paso polo Barco. Esta obra iniciábase na mañá deste mércores na zona da avenida Conde Fenosa, o supuxo certas limitacións para acceder á zona dende determinados e tamén a prohibición de aparcar na zona. Esta actuación está previsto que continúe pola rúa Marcelino Suárez e pola avenida Manuel Quiroga.
Por outra banda, tamén, a partir do xoves e con motivo da carpa que se vai a montar na rúa Irmáns Dequidt para acoller os concertos de Tanxugueiras e Susana Seivane na fin de semana, vaise cortar a citada rúa, polo que se verán afectados os garaxes da zona, se ben terán acceso polo Paseo do Malecón.
Fotos: O SIL.