Dende a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) vén de emitirse un aviso amarelo para mañá martes por baixas temperaturas en toda a provincia de Ourense e tamén en boa parte da de Lugo. Espéranse temperaturas mínimas de 4 graos baixo cero en boa parte da provincia de Ourense, mentres que na montaña poderían baixar ata os 6 graos, segundo a Aemet.
O aviso amarelo mantense tamén para a xornada do mércores, se ben limítase ás zonas da montaña de Ourense, a Valdeorras e a zona sur da provincia. Nestas tres áreas as mínimas poderán chegar a 6 graos baixo cero.