
Dende a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) vén de activarse un aviso amarelo por nevadas na montaña ourensá para mañá domingo 21 de febreiro entre as 03:00h. e as 11:59h.
Prevese (cunha probabilidade entre o 40 e o 70%) unha acumulación de neve en 24 horas de 5 cm. “Estas acumulacións espéranse por riba dos 900 m”, segundo informa a Aemet.