ConcellosÚltima hora

Aviso amarelo por neve e vento na montaña ourensá

Fonte: Aemet.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activará a partir das 00h. do xoves 14 de novembro un aviso amarelo por nevadas na montaña da provincia de Ourense. Espérase unha acumulación de neve en 24 horas de 15 cm. cunha probabilidade do 40%-70%. “Estas cantidades alcanzaranse por riba dos 800-900 metros”, segundo a Aemet.

Ademais activarase outro aviso amarelo por vento na montaña ourensá entre as 12h. do xoves e as 21 horas, con rachas máximas de 80 km/h con vento do noroeste.

Tamén hai avisos amarelos por vento na zona noroeste e sur da provincia, así como na parte do Miño con rachas máximas de 70 km/hora entre as 12h. do xoves e as 00h. do venres.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button