ConcellosÚltima hora

Aviso amarelo por neve na montaña ourensá

Avisos amarelos da Aemet na provincia neste 9 de febreiro./ Fonte: Aemet.

 

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) ten activado dende as 11h. deste martes 9 de febreiro un aviso amarelo por neve na montaña de Ourense. Prevese (cunha probabilidade de 40%-70%) unha acumulación de neve en 24 horas de 5 cm. Esta acumulación rexistrarase en torno aos 1.100 metros.

Ademais este aviso permanecerá activo ata ás seis da madrugada do mércores 10 de febreiro.

Artigos relacionados

Back to top button