Sen categorizar

Aviso amarelo por temperaturas de máis de 36 graos en Valdeorras

A vindeira fin de semana será especialmente calurosa en diversos puntos da provincia de Ourense entre os que está Valdeorras. As altas presións e o achegamento de aire cálido procedente do sur, deixarán temperaturas elevadas durante a tarde de mañá sábado en Galicia.

Nese senso Meteogalicia lanza un aviso amarelo por calor na comarca de Valdeorras na que se esperan temperaturas máximas superiores aos 36 graos entre as 15h. e as 21h. do sábado 1 de setembro. Esas mesmas temperaturas tamén se acadarán, segundo Meteogalicia, na área do Miño de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button